Bicicleta, culler, mazá. 
No outono de 2007 diagnostícanlle Alzheimer a Pasqual Maragall. Superado o golpe inicial, el e máis a súa familia comezan unha cruzada contra da enfermidade e, desde o primeiro paso, este filme convértese en testemuña de excepción. Con intelixencia, sinceiridade e bon humor, Maragall deixase retratar a carón da súa familia e os médicos para deixar constancia do día a día da súa loita persoal. Dous anos de seguimento a un paciente excepcional disposto a que os científicos atopen curación antes de que a cifra de 26 millóns de enfermos no mundo se multiplique por dez. Unha película dura, aínda que optimista malia todo.
Carles Bosch.
Ten dirixido reportaxes e documentais dalgúns dos acontecementos internacionais de máis trascendencia, tais como a Primeira Guerra do Golfo e as de Bosnia e de Kosovo, así como a Revolución Zapatista. Ten dirixido documentais de actualidade –ademáis de curbir crónicas para o Telenoticias (noticiario diario de TV3)-- en Afganistán, Irán, Chad, Filipinas, Mozambique, Cuba, México, Uruguai, EE UU, Haití, Nicaragua, Israel e en diversos países europeos. Ademáis, asinou unha serie documental de cinco capítulos, chamada "Historias del Caribe". Á marxe do xornalismo, dirixiu durante máis dun ano (1996-1997) a oficina de axuda humanitaria que o Concello de Barcelona tiña na cidade de Sarajevo unha vez rematada a guerra. No ano 2002 dirixe o seu primeiro filme documental, "Balseros", apartir das filmacións realizadas para televisión entre os anos 1994 e 1996. Con esta cinta recibiu algúns dos galardóns internacionais máis importantes (entre eles o Peabody Award do ano 2004), e foi nominada ao OSCAR® á Mellor Película Documental do 2003. No 2006 dirixe a súa segunda longametraxe documental, "Septiembres", coa participación de TVE e premiado nos festivais de Málaga, Miami, IDFA. Na súa dilatada carreira ten acadado múltiples premios coas súas obras en certames e festivais internacionais de Paris, Alcalá de Henares, México, A Habana, Santo Domingo, Miami, Tel Aviv, Turia, Copenhague, Málaga... ademáis de obter o Premio Nacional de Cataluña da Cinematografía (en setembro do 2003).

ÁS 20.00 HORAS
NO SALÓN DE ACTOS DO EDIFICIO POLITÉCNICO
DO CAMPUS DE OURENSE
Colabora:
AFAOR
(Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Ourense)
Máis info en:
www.bicicletacucharamanzana.com